domingo, 7 de agosto de 2011

Máis réptiles

Nesta primavera e verán no que nos atopamos son varias as citas casuais de réptiles feitas. Ademais dos lagartos e lagartas habituais na comarca que seguen observándose e dos que xa falei en anteriores entradas, recollemos nestes meses as seguintes observacións:

-Un cobregón Malpolon monspessulanus cruzando unha pista de terra entre a Ferrería de Cuiña (A Fonsagrada) e Coea (Navia de Suarna).

Cobregón Malpolon monspessulanus nunha foto de archivo pola Enciña da Lastra (Rubiá).

-Unha víbora de seoane Vipera seoanei atropelada na estrada preto de Paradavella (A Fonsagrada), outra cruzando a estrada preto de Ouviaño (Negueira de Muñiz) e unha terceira tamén atropelada na estrada no cruce a Rozabragada (A Fonsagrada).

Víbora de seoane Vipera seoanei atropelada preto de Paradavella (A Fonsagrada).

Víbora de seoane Vipera seoanei nunha foto de archivo pola Terra Chá.

-Unha cobra de colar Natrix natrix preto de Esgrade (Baleira) na beira do río Eo e outra atropelada na estrada entre Os Baos (Ribeira de Piquín) e Murias (A Fonsagrada).

Cobra de colar Natrix natrix nunha foto de archivo pola Terra Chá.

-Na beira do río Eo, preto de Murias (Baleira), un macho de escáncer común Anguis fragilis.

Macho de escáncer común Anguis fragilis preto de Murias (Baleira).

7 comentarios:

ASHEGA dijo...

Boas,
unha moi boa cita a do cobregon, mais o norte do citado tradicionalmente nas bases de datos. Seria interesante que a meteses na base de datos da AHE para mellorar a informacion da especie.http://siare.herpetologica.es/bdhhttp://siare.herpetologica.es/bdh

Apertas,

Cesar

Germán Torres dijo...

Ok Cesar. Iso está feito. Non é o primeiro cobregón que observo na zona como podes ver nunha entrada anterior neste blog.
Un saúdo. Germán.

ASHEGA dijo...

Graciñas pola axuda German, evidentemente non so a cita do cobregon sera benvida, calquer dato e importante. Calquera cousa xa sabes donde estamos.

Cesra

Rubén Portas dijo...

Olá Germán,
Hai un rapaz que se chama Fernando que está moi interesados nos datos de Vipera seoanei. Podería conseguiche o correo para colaborar con el (e se lle recolles mostras dos exemplares atropelados posiblemente che estea moi agradecido.
Unha aperta

Xabier Prieto Espiñeira dijo...

Bueno, César, esta poboación de malpolon realmente xa está rexistrada (mira o Atlas outra vez, é a cuadrícula máis o N en Lugo).
Parabéns a Germán polas citas e polas fotos, nese pequeno paraíso herpetolóxico que representa o val do Navia.
Unha aperta.
Xabi

ASHEGA dijo...

Seino Xabi, o que pasa e que ainda non estan pasados os datos a base do MARM. O Atlas non podo miralo porque ainda non o teño.. ;)
Ainda penso que en Lugo ten que haber Malpolon mais centrado, preto de Lucus capital.

Germán Torres dijo...

Ola Rubén.
Podedes poñervos en contacto comigo polo mail sobre ese tema que malo será.
Grazas por todos os comentarios.
Un saúdo. Germán.