Pasou febreiro, pero es nevaradas e o frío seguen ameazando con blanquear os montes e outras partes altas destas terras. Será polo frío ou por que xa comezan os movementos primaverais, o caso é que o 23 de febreiro unha femia de gabián
Accipiter nisus quixo pasar a noite na pista polideportiva semicuberta do colexio de A Fonsagrada. O que non esperaba pola mañá é o balbordo habitual de nenos correndo e xogando e así calquera se atreve a sair. Por sorte para o gabián, pola noitiña xa fuxíu e un servidor quedouse sen observalo. Menos mal que Alejandro fixo estas fotos para dar testimonio desta breve incursión escolar.
Femia de gabián Accipiter nisus no teito da pista polideportiva (A Fonsagrada). Fotografías de Alejandro Ocampo.
Febreiro deixounos tamén algún bando de becacinas
Gallinago gallinago en pastizais enchoupados por Miñide (A Fonsagrada) e un gran número de tordos reais
Turdus pilaris, presentes en bandos numerosos por pastizais de toda a comarca.
Becacina Gallinago gallinago. Tordo real Turdus pilaris.
Tamén temos recén chegados como a primeira observación da tempada, o 22 de febreiro, de mínimo 6 lavercas
Alauda arvensis por Candaído (A Fonsagrada) ou a chegada da parexa de cegoñas brancas
Ciconia ciconia ao seu niño no veciño concello de Castroverde o 13 de febreiro.
Cegoña branca Ciconia ciconia por Castroverde.
2 comentarios:
Pues como envidio a los rapaces de A Fonsagrada. Llegar y encontrarse esa preciosa rapaz.
Yo también los envidio, pero con el susto que llevó no creo que vuelva por allí.
Publicar un comentario