lunes, 24 de enero de 2011

As praderías de O Ventorrillo no inverno

Na fonsagradina parroquia de A Veiga de Logares, limitando co concejo asturiano de Santa Eulalia de Oscos, temos unha zona na que se poden realizar interesantes observacións ornitolóxicas na época invernal: as praderías de O Ventorrillo.

Este lugar, dominado por grandes superficies de praderías a uns 800 metros de altitude, é o lugar elexido por especies invernantes de maneira habitual tódolos anos, non sendo difícil atoparse con bandos de avefrías Vanellus vanellus, ou incluso de píldoras douradas Pluvialis apricaria.


Avefría Vanellus vanellus


Píldora dourada Pluvialis apricaria

Abondosos son os bandos de picas dos prados Anthus pratensis, xiríns Serinus serinus e pimpíns Fringilla coelebs, ademais de corvos grandes Corvus corax, que nesta zona son incluso máis comúns que os corvos pequenos Corvus corone corone.


Corvo grande Corvus corax


Xirín Serinus serinus

Na última visita realizada o 24-1-2011 tamén nos atopamos con numerosos bandos mixtos de tordos charlos Turdus viscivorus, tordos rubios Turdus iliacus e tordos reais Turdus pilaris (ata máis de 40 tordos reais nalgún bando).


Tordo real Turdus pilaris

Sen dúbida, un lugar de campeo recomendable para os que quieran visitar estas terras na procura de observacións ornitolóxicas e que nos pasos migratoriais nos pode traer algúnha sorpresa.

6 comentarios:

Marcos Suárez dijo...

Ola Germán
"ademais de corvos grandes Corvus corax, que nesta zona son incluso máis comúns que os corvos pequenos Corvus corone corone".
¡tanto!, é que para os das Mariñas esto resulta rechamante, cando non deixas de ver en todo momento os corone, i é todo un acontecemento ver unha parella de corax.
Saúdos

Xabier Prieto Espiñeira dijo...

Fermosas terras as da Veiga de Logares, Germán. Fixemos moitas saídas herpetolóxicas por esa zona e, para un ferrolán, é outro mundo. Non só polas boas masas de caducifolio que aínda sobreviven. Ademáis as bonitas aldeas tradicionais, coas súas casas e muros de pedra (sen recebar!) son unha auténtica "mina" para os herpetólogos.
Boas lembranzas teño daquelas xornadas, si señor...
Unha aperta
Posdata: eu de tí buscaría Podarcis muralis nesa zona. Especialmente nas bacías que verten ao Navia...

Germán Torres dijo...

Ola Marcos, o dos corvos grandes é algo moi rechamante nesta zona. Na zona do vertedoiro de A Fonsagrada teño contado máis de 180 xuntos.
Un saúdo. Germán.

Germán Torres dijo...

Ok Xabi. Gracias polo comentario e pola información. Imos ver se temos ocasión de buscar eses Podarcis muralis. Un saúdo. Germán.

Pío dijo...

¡Vaia co vertedoiro!

Xa viches como están marcados os seus arredores polos C.l.

¡¡En vez de clausuralo teremos que propoñelo para a ampliación da rede natura!!

Germán Torres dijo...

Ola Pío. Xa sabía que estaba en proceso de selado, pero algún persoal parece que non lle vai ben se non vai alí a botar verquidos e logo aínda lles mete lume. Estampa típica da Fonsagrada cando te vas achegando. Esperemos que agora desaparezan (os verquidos, non os corvos). Un saúdo, Germán