miércoles, 17 de noviembre de 2010

Garzota grande por Baralla

O pasado 15-11-2010 o compañeiro Pío (gracias Pío polo achádego) atopou morta unha garzota grande Ardea alba preto da estrada O Cádavo - Baralla, á altura do lugar de A Pena, Penarrubia (Baralla), xa moi preto do límite co concello de Baleira.


Garzota grande Ardea alba atopada morta en Baralla. Fotografía de Pío Antonio de la Peña.

Este exemplar probablemente se encontraba realizando a súa migración parcial desde áreas máis ao norte con invernos máis fríos e se desplazaba cara ao sur cando, por circunstancias que descoñecemos, atopou o seu fin neste lugar. É unha pena que non se encontrara anelada, pois así saberiamos algo máis da súa vida.

Detalle da cabeza da garzota grande Ardea alba atopada en Baralla. Fotografía de Pío Antonio de la Peña.

Esta ardeida soe establecerse en aguas pouco profundas o hábitats máis secos, alimentándose principalmente de peixes, ras, pequenos mamíferos, y incluso aves pequenas y reptiles. Non é unha especie moi común por Galicia e menos por estas terras, pero que parece que nos últimos anos vai aparecendo en maior número e cando o fai soe ser doada de ver.

Fotografía de archivo de dúas garzotas grandes Ardea alba nas lagoas de Riocaldo (Begonte).

6 comentarios:

Óscar M. Roza dijo...

Ola Germán

¿Fixáchete ben por se tiña algún indicio de perdigóns no corpo?

Un saúdo e parabéns polo Bolg.

Germán Torres dijo...

Ola Óscar.
Nin rastro de perdigóns no corpo.
Gracias polo comentario e noraboa tamén polo teu Blog.
Un saúdo.

Amadeo A. Pombo Eirín dijo...

Boas:
Xa sabes para que vai ser ese cráneo, Verdad?
Amadeo

Xabier Prieto Espiñeira dijo...

Olá Germán. Hai uns días comentei en Galiciaves que un amigo que dá clases en Navia de Suarna me comentara unha observación desta Garza. Recibíu unha perfecta descrición por parte dos seu alunos, que detectaran un exemplar de E. alba pola vila de Navia (creo) haberá dúas semanas ou algo así. Imaxino que sería o mesmo exemplar.
Unha aperta.

Germán Torres dijo...

Ola Xabi, gracias pola información.
É posible que sexa a mesma pero tamén poderían ser dous diferentes. Aínda ahi unha distancia de Navia a este outro lugar.
Un saúdo.

Germán Torres dijo...

ola Amadeo. Xa me tardabas. Aquí cho teño gardado.
Un saúdo.