Foi interesante ver como a perdiz Alectoris rufa aparecía a principios de mes ata en catro ocasións acompañada de perdigóns en diferentes zonas da comarca: A Fornaza, basureiro selado de Baleira, Sanguñedo e outros. Parece que vai a ser un bo ano de cría da especie.
Unha gatafornela Circus cyaneus aparecía facendo pasadas por Montouto (A Fonsagrada) o 16/8/10.
Saímos por primeira vez da comarca para ir ao veciño concello de Baralla. Alí descubríu o compañeiro Pío (gracias Pío pola información) a primeira colonia de andoriña das barreiras Riparia riparia que observamos nesta zona. A visitamos o 25/8/10 e alí observamos unha poboación estimada de 5-6 parexas todavía en plena ceba dos seus polos. Encravada nun talude areoso nunha graveira ao lado do río Neira cerca da ponte de Santo Estevo (Baralla), esperemos que este habitat idóneo para esta especie non teña modificacións significativas no tempo e poder manter esta poboación ao longo dos anos.
O 27/8/10 visitamos o río Esteleiro, preto de San Pedro de Neiro (A Fonsagrada) e antes de chegar nunha pequena masa de cerquiños Quercus pyrenaica observamos 3 gabeadores azuis Sitta europaea e 1 gabeador Certhia brachydactyla.
Ese mesmo día observamos un pilro común Calidris alpina no río Eo, preto de Fonteo (Baleira). Esta limícola tan habitual noutras zonas a observamos na comarca da Fonsagrada por primeira vez revoloteando entre as balsas de auga da piscifactoría do río Eo.
3 comentarios:
Ola Germán!
Unha pregunta: as perdices considéralas salvaxes ou resultantes do "asilvestramento" de aves ceibadas por cazadores?
Polas Rías Baixas penso que xa non debe haber perdices salvaxes...
Apertas,
Damián
Boas Cosme Damián. Eu considero que son salvaxes pois coñezo de boa man as xestións que fan as sociedades de cazadores nos tres TECORES que existen nesta comarca e para a perdiz o único que fan é bastantes plantacións subvencionadas de cereal e adecuacións de bebedoiros. Outra cousa diferente é o conexo que practicamente desapareceu o autóctono e actualmente se crían en semiliberdade tamén subvencionados.
Un saúdo. Germán.
Bueno, creo que debo corrixir o meu anterior comentario tras informarme correctamente. Efectivamente nesta comarca tamén se fixeron soltas en anteriores anos de perdiz por parte das sociedades de cazadores, polo que a maioría das perdices que actualmente existen nesta comarcan son resultado do asilvestramento deses exemplares. Se existen algunha perdices realmente salvaxe debe ser en un reducido porcentaxe sen que teña información fiable ao respecto.
Publicar un comentario