Seguimos tirando das citas estivais e agora tócalle aos odonatos, catro especies máis das que aínda non faláramos neste blog:
A primeira é Cordulegaster boltonii, un odonato de gran tamaño do que atopamos varios exemplares polo Rego de Valín (Baleira) o 04/08/11 e preto doutro regato por A Golpilleira (Baleira) o 30/08/11.
Cordulegaster boltonii preto de A Golpilleira (Baleira).
A segunda é Pyrrhosoma nymphula, observado 1 ex. macho nun regato preto do muíño da Pontelonga, Pousada (Baleira) o 19/08/11 e outros 2 ex. nun regato por Barcias (Baleira) o 30/08/11.
Pyrrhosoma nymphula macho preto do muiño da Pontelonga (Baleira).
A terceira é Boyeria irene, un odonato tamén de bo tamaño do que atopamos 4 ex. nos taludes da pista preto da casa da Dirección, A Fornaza (A Fonsagrada) o 30/08/11.
Boyeria irene (forma brachycerca) femia por A Fornaza (A Fonsagrada).
E por cuarta e última, Calopteryx virgo ssp. meridionalis, vistos 2 ex. nun regato por Barcias (Baleira) o 30/08/11.
Calopteryx virgo ssp. meridionalis femia preto de Barcias (Baleira).
viernes, 11 de noviembre de 2011
lunes, 31 de octubre de 2011
Apatura iris
Parece que rematou a seca e que por fin comeza a chover con intensidade. Xa que logo non está o conto para andar polo campo e á espera dos cogumelos, que aínda non os probamos esta tempada, imos aproveitar para amosar algúnhas citas e fotografías desas que quedan ahí esperando e que parece que nunca chega o momento de amosalas.
Unha desas citas é a da Apatura iris, un dos ninfálidos de maior tamaño. Esta especie non é moi abondosa por este lares e como soe voar cerca das copas das árbores tampouco e doada vela. Pero cando algo se pudre parece que o seu cheiro a atrae e así foi como a observamos o 19/7/2010 preto de Robledo de Donís (Cervantes) a uns 900 metros de altitude, chuchando nunha prea dun xato baixo un bosque de frondosas e próxima a un regato, é dicir, por onde lle gusta andar.
Aquí vos deixo unha fotografía desde precioso lepidóptero.
.
Apatura iris preto de Robledo de Donís (Cervantes).

viernes, 14 de octubre de 2011
A Saramaganta rabilonga e máis hérpetos
Aínda non tivemos ocasión de falar neste blog da saramaganta rabilonga Chioglossa lusitanica. Este endemismo do noroeste da Península Ibérica tamén de pode atopar na comarca da Fonsagrada, xa que logo por aquí atopa os hábitats naturais aos que vive asociada: pequenos regatos e fontes de augas limpas e ben osixenadas, así como vexetación preferiblemente caducifolia en zonas frescas e húmidas. Así foi, nun destes regatos, onde atopamos un par de exemplares baixo unas pedras preto da Ferrería de Cuiña (A Fonsagrada) o 28/07/11.
Saramaganta rabilonga Chioglossa lusitanica pola Ferrería de Cuiña (A Fonsagrada).
Tamén tivemos ocasión este verán de observar que o sapoconcho de orellas vermellas Trachemys scripta elegans xa ten unha poboación establecida no encoro de Salime. Se observaron varios exemplares adultos preto da Área Recreativa da Virxe da Veiga. Outra especie invasora máis.
Tamén citamos:
Serpe riscada Rhinechis scalaris atropelada preto da ponte de Boadil (Negueira de Muñiz).
Cobra lagarteira meridional Coronella girondica atropelada preto da Cortevella (Baleira).

- Un esgonzo común Chalcides striatus por Santalla (Ribeira de Piquín) o 02/08/11 preto dunha fonte seca no estío.
- Un lagarto das silvas Lacerta schreiberi preto da Ferrería de Cuiña no camiño á Fornaza (A Fonsagrada) o 30/08/11.
- Unha serpe riscada Rhinechis scalaris atropelada na estrada preto da ponte de Boadil (Negueira de Muñiz) o 02/08/11.
- Unha cobra lagarteira meridional Coronella girondica tamén atropelada na estrada preto da Cortevella (Baleira) o 08/08/11.
Serpe riscada Rhinechis scalaris atropelada preto da ponte de Boadil (Negueira de Muñiz).
Cobra lagarteira meridional Coronella girondica atropelada preto da Cortevella (Baleira).
viernes, 2 de septiembre de 2011
Papuxa carrasqueira, comezo do paso e outras citas ornitolóxicas do verán
Con este tempo revolto, finaliza agosto
por esta terras e aproveitamos para amosar a listaxe de citas
ornitolóxicas de interese recollidas nestes meses do estío.
Podedes observar polas especies observadas nestas últimas datas que o paso migratorio postnupcial comeza a sentirse.
Tamén observamos por primeira vez na comarca unha especie á que xa lle tiña ganas: a Papuxa carrasqueira Sylvia cantillans. Grazas ó fino oído do compañeiro Amadeo Pombo logramos dar con esta papuxa da que existían citas na zona pero que se estaba resistindo.
-Ouriolo Oriolus oriolus: 2 ex. o 15 de xullo polo encoro do Navia entre Río de Porcos e outro o 17 de xullo polo alto da Vacariza (A Fonsagrada).
-Tartaraña cincenta Circus pygargus. Diversas observacións pola comarca: 1 macho adulto o 21 de xullo entre O Cádavo e Trabeiro (Baleira), outro o 13 de xullo entre A Espiña e Cabreira (Baleira), 1 femia adulta o 22 de xullo polo Coto da Nena, A Marronda (Baleira) e outra femia o 22 de xullo baixando pola Tumbiadoira (A Fonsagrada).

Tartaraña cincenta Circus pygargus polo Coto da Nena, A Marronda (Baleira).
Tartaraña cincenta Circus pygargus pola Tumbiadoira (A Fonsagrada).
-Gaivota chorona Chroicocephalus
ridibundus. Primeira observación persoal desta especie o 2 de xullo
de 2 ex. no encoro do Navia preto da ponte de Boadil (Negueira de
Muñiz).
Gaivota chorona Chroicocephalus ridibundus preto da ponte de Boadil (Negueira de Muñiz).
-Bilurico alinegro Tringa
ochropus. 1 ex. o 13 de xullo na charca de Reboira (A Fonsagrada).
-Papuxa común Sylvia communis.
3 ex. o 19 de xullo nunha sebe preto de Reboira (A Fonsagrada).
-Paspallás Coturnix coturnix.
Varios exemplares con polos o 28 de xullo nun pasteiro preto de
Valdería (Baleira).
-Falcón pequeno Falco subbuteo.
1 ex. sobrevoa O Cádavo (Baleira) á tardiña o 13 de agosto.
-Falcón peregrino Falco
peregrinus: 1 ex. o 16 de agosto preto de O Sollío (Baleira) e outro
o 22 de agosto por Torviso (A Fonsagrada).
Falcón peregrino Falco peregrinus nunha foto de archivo por San Sadurniño (A Coruña).
-Pedreiro cincento Oenanthe
oenanthe. 1 ex. o 22 de agosto preto da charca Reboira (A
Fonsagrada).
-Chasco norteño Saxicola
rubetra. 2 ex. inm. o 22 de agosto preto de Reboira (A Fonsagrada).
Chasco norteño Saxicola rubetra por Reboira (A Fonsagrada).
-Lagarteiro das torres Falco
naumanni. 8 ex. cazando saltóns á tardiña o 27 de agosto nun
pastizal por Lamas de Campos (A Fonsagrada). Máis observacións hoxe
1 de setembro en diversos pastizais polo val do Cádavo (Baleira).
-Ferreiriño rabilongo
Aegithalos caudatus: 12 ex. o 28 de agosto polo encoro do Navia,
preto de A Fornaza (A Fonsagrada) e 6 ex. o 27 de agosto por O Sollío
(Baleira) acompañados de 2 ex. de Picafollas musical
Phylloscopus trochilus, os primeiros que observamos no paso, 2 ex.
de Ferreiriño cristado Parus cristatus e 2 ex. de Ferreiriño
negro Parus ater.
-Papamoscas negro Ficedula
hypoleuca. 1 ex. oído o 28 de agosto preto de Paradavella (A
Fonsagrada).
-Papuxa carrasqueira Sylvia
cantillans. 3-4 ex. o 28 de agosto polo Navia, entre a Ferrería de
Cuiña e Fornaza (A Fonsagrada), tamén na mesma zona 6 ex. de
Ferreiriño azul Parus caeruleus, 2 ex. de Gabeador
Certhia brachydactyla e 2 ex. de Papuxa das amoras Sylvia
atricapilla. Tamén na mesma zona o 30 de agosto 6 ex. de Estreliña
riscada Regulus ignicapilla.
Papuxa carrasqueira Sylvia cantillans polo val do Navia, preto de Fornaza (A Fonsagrada)
-Choia Pyrrhocorax pyrrhocorax.
28 ex. desde o miradoiro de Arexo, A Fornaza (A Fonsagrada).
Choia Pyrrhocorax pyrrhocorax por Arexo, A Fornaza (A Fonsagrada).
domingo, 21 de agosto de 2011
Lagarteiros das torres
Estas datas do mes de agosto estan traendo á comarca moita calor, e algunhas treboadas tamén. Parece que estas altas temperaturas estivais son as que animan aos lagarteiros das torres Falco naumanni a visitarnos e a poder disfrutar do seu caracter social vendo como se xuntan para cazar saltóns sen parar, saltando sobre eles no chan unha e outra vez.
Lagarteiro das torres Falco naumanni pola Cima de Valquente (Baleira).
Así se deixaron observar un mínimo de 12 exemplares á tardiña nun pasteiro pola Cima de Valquente, preto de Teilalle, Pousada (Baleira) o 18 de agosto e tamén ao día seguinte, un mínimo de 15 repetían escena á tardiña noutro pasteiro entre O Vilar de Adrios e Fontela (Baleira).
Lagarteiro das torres Falco naumanni pola Cima de Valquente (Baleira).
Non estou acostumado a observar esta especie por estar terras, e vaite ti a saber cantos teño confundido con lagarteiros comúns Falco tinnunculus, o que teño claro que cando volva a ver un grupo numeroso de lagarteiros saltando e cazando saltóns no chan repetidamente terei claro que se trata de lagarteiros das torres Falco naumanni.
Lagarteiro das torres Falco naumanni pola Cima de Valquente (Baleira).
En fin, que aquí vos deixo estas fotos, agradecendo a Amadeo Pombo a correcta identificación da especie.
Lagarteiros das torres Falco naumanni pola Cima de Valquente (Baleira).

domingo, 7 de agosto de 2011
Máis réptiles
Nesta primavera e verán no que nos atopamos son varias as citas casuais de réptiles feitas. Ademais dos lagartos e lagartas habituais na comarca que seguen observándose e dos que xa falei en anteriores entradas, recollemos nestes meses as seguintes observacións:
-Un cobregón Malpolon monspessulanus cruzando unha pista de terra entre a Ferrería de Cuiña (A Fonsagrada) e Coea (Navia de Suarna).
Cobregón Malpolon monspessulanus nunha foto de archivo pola Enciña da Lastra (Rubiá).
-Unha víbora de seoane Vipera seoanei atropelada na estrada preto de Paradavella (A Fonsagrada), outra cruzando a estrada preto de Ouviaño (Negueira de Muñiz) e unha terceira tamén atropelada na estrada no cruce a Rozabragada (A Fonsagrada).
Víbora de seoane Vipera seoanei atropelada preto de Paradavella (A Fonsagrada).
Víbora de seoane Vipera seoanei nunha foto de archivo pola Terra Chá.
-Unha cobra de colar Natrix natrix preto de Esgrade (Baleira) na beira do río Eo e outra atropelada na estrada entre Os Baos (Ribeira de Piquín) e Murias (A Fonsagrada).
Cobra de colar Natrix natrix nunha foto de archivo pola Terra Chá.
-Na beira do río Eo, preto de Murias (Baleira), un macho de escáncer común Anguis fragilis.
Macho de escáncer común Anguis fragilis preto de Murias (Baleira).

Etiquetas:
Anguis fragilis,
Malpolon monspessulanus,
Natrix natrix,
Vipera seoanei
martes, 19 de julio de 2011
Unhas droseras e un par de odonatos
Levaba un tempo tentando atopar na comarca da Fonsagrada algunha das plantas carnívoras (bueno, deixémolo en insectívoras) existentes en Galicia, é dicir, pinguículas e droseras, cun resultado nulo ata o momento. Sabendo que existen hábitats propicios para a súa presencia, e algunha cita tamén, non foi ata a semana pasada cando nun talude dunha pista pola que rezumaba auga e sobre brións do xénero Sphagnum cando atopei a primeira: Drosera rotundifolia. Esta poboación situada no concello da Negueira de Muñiz, preto do límite co concello da Fonsagrada parece estar en bo estado, e iso que o talude na que se asenta pertence a unha pista asfaltada, aínda así debe ter polo menos 200 individuos que están en plena floración. Un agradable achádego que espero non sexa o último.
Drosera rotundifolia no concello de Negueira de Muñiz.
Tamén estos días se multiplican as citas de Onychogomphus uncatus. Atopeime con este odonato por primeira vez no río Lamas na Ferrería de Cuiña (A Fonsagrada) o 02/07/11 , pero estos días pasados o vexo no medio das pistas en bo número.
Macho de Onychogomphus uncatus na Ferrería de Cuiña (A Fonsagrada).
Outro odonato que tiña fotografado é Orthetrum cancellatum. Atopeime cunha esta parexa preto de Cancio (Negueira de Muñiz) o 28/05/11 e aproveito agora para amosala.
Macho de Orthetrum cancellatum preto de Cancio (Negueira de Muñiz).
Femia de Orthetrum cancellatum preto de Cancio (Negueira de Muñiz).

Suscribirse a:
Entradas (Atom)