Parte da serra de
Ancares cuberta pola neve nestas datas.
Así que mentras
disfrutamos destas vistas e antes da chegada do tempo das flores imos
comentar varias observacións florísticas da primavera e verán de
2014 nesa zona da serra de Ancares coñecida como "a corda",
ou sexa, polo cordal de cumios da serra de Ancares:
-Fritillaria
nervosa subsp. nervosa. Varios exemplares en floración entre o Porto
deAncares e o Pico Cuiña o 3 de xuño. Tamén na Golada da Vara
subindo ao Fieiró de Deva o 16 de xuño.
Fritillaria
nervosa subsp. nervosa preto do Porto de Ancares.
Pulsatilla alpina.
4 exemplares en floración na ladeira Norte do Pico Cuiña o 3 de
xuño.
Pulsatilla alpina
preto do Pico Cuiña.
Narcissus
bulbocodium. Tamén varios exemplares na mesma data e zona.
Narcissus bulbocodium na serra de Ancares.
Nesa mesma zona
tamén atopamos algúns exemplares de arzola Eryngium duriaeu a
mediados de agosto así como os Juniperus communis subsp. alpina que
tamén se poden observar noutros tesos da serra.
Eryngium duriaeu
na serra de Ancares.
Juniperus communis
subsp. alpina na serra de Ancares.
Tamén na zona de
Porto de Ancares ao Pico Cuiña observamos varios exemplares en
floración de Scilla verna e de Thymelaea coridifolia subsp.
dendrobryum a primeiros e xuño.
Scilla verna na
serra de Ancares.
Outra especie
característica desta serra nas zonas altas é a Xanzá Gentiana
lutea var. aurantica, que observamos en varias zonas da serra como
subindo ao Tres Bispos. O mesmo ocorre co dente de can Erythronium
dens-canis.
Gentiana lutea var. aurantica subindo ao Tres Bispos.
Erythronium
dens-canis na serra de Ancares.
O 16 de xuño
baixamos desde Campoformoso ata o Fieiró de Deva pola Golada da Vara
e atopamos exemplares en floración de Jasione laevis. No teso de
Fieiró de Deva varios exemplares de Armeria duriaei.
Armeria duriaei no
Fieiró de Deva (Cervantes).
Xa no extremo sur
da serra de Ancares observamos o 12 de xuño varios exemplares de
Halimium umbellatum subsp. umbellatum e de Simethis planifolia pola
Pena Branca, subido ao Penarrubia, preto de Porcís (Cervantes).
Halimium
umbellatum subsp. umbellatum na serra de Ancares.
Simethis
planifolia na serra de Ancares.
E por último xa
na zona do Penarrubia o 19 de xullo observamos exemplares de
Campanula herminii en floración así como dous interesantes
exemplares en flor de Jurinea humilis.
Campanula herminii
no Penarrubia.
Jurinea humilis no
Penarrubia.