Xa estamos aquí
ca última (que non derradeira) entrega adicada á flora que remata
esta xeira. Esperando que non fose moi aburrida, deixo para esta última entrada a
parte que ó meu parecer e a máis interesante.
Por un lado por conter
citas tan interesante como a de Lathraea squamaria (a segunda
cita para Galicia desta especie da que teñamos coñecemento) e por
outra lado por citar outras especies como Narcissus
pseudonarcissus que nalgunhas zonas de Ancares enchen de colorido
e beleza de maneira puntual algunhas campas como a de Campo Formoso ó
pé dos Tres Bispos.
E así que para
comezar amosar esta fotografía de Campo Formoso chea de narcisos en
flor o 23 de abril de 2015, agora que xa nos queda uns 2 meses pra
volver a ter unha estampa idílica como esta.
Narcissus
pseudonarcissus. Espectacular e numerosa floración en Campo
Formoso (Cervantes) co Tres Bispos ó fondo.
-Lathraea
squamaria. Varios exemplares desta rara especie parasita que
localizamos o 19 de marzo de 2014 na beira do río Navia preto de A
Agüeira (Becerreá).
Lathraea
squamaria por Becerreá.
-Orobanche
foetida. Outra plata parásita que de vez en cando se deixa ver
pola comarca, como o exemplar localizado preto de Cadoalla (Becerreá)
o 13 de maio de 2015 ou os observados o 2 de xullo de 2014 preto de
Torallo á beira do río Navia (Becerreá).
Orobanche
foetida por Cadoalla (Becerreá).
Orobanche
foetida por Torallo (Becerreá).
-Rubia
peregrina. Varios exemplares observados por A Cruz da Horta
(Becerreá) nunha zona de calcarias o 9 de abril de 2014.
-Scabiosa
columbaria.
Máis de
40 exemplares
en floración
nas calcarias por Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro) o 30 de agosto de
2015.
Scabiosa
columbaria por Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro).
-Anthemis
arvensis. Varios
exemplares en floración nunha zona de calcarias o 29 de maio de 2015
por O Taro Branco (Folgoso
de Courel).
Anthemis
arvensis por
O Taro Branco (Folgoso
de Courel).
-Tanacetum
parthenium. Un exemplar en floración observado nunha horta o 16 de
xuño de 2015 en Asar (Navia de Suarna).
Tanacetum
parthenium por Asar (Navia de Suarna).
-Carlina
corymbosa subsp. corymbosa. Varios exemplares en
floración o 18 de agosto de 2014 nas calcarias de A Cruz da Horta
(Becerreá).
Carlina
corymbosa subsp. corymbosa por A Cruz da Horta
(Becerreá).
-Cirsium
eriophorum.
Un exemplar
en floración
na entrada dun prado a 1120 metros
de altitude entre
As
Brañas e Pedrafita
do Cebreiro o 22 de novembro de 2014 e
outro na beira da pista preto
de Brañas da Serra
(Pedrafita do Cebreiro) o
30 de agosto de 2015.
Cirsium
eriophorum
por Pedrafita
do Cebreiro.
-Erythronium
dens-canis.
Varias localizacións desta
especie coñecida como dente de can como os exemplares xa
cos froitos
o 2 de xuño de 2014 por A
Cotela do Faro preto
de Fonteformosa na
Serra da Escrita (Pedrafita do Cebreiro).
Erythronium
dens-canis
por Pedrafita
do Cebreiro.
-Lilium
martagon.
Varias localizacións desta
especie coñecida como lirio bravo, como os máis de 100 exemplares
en flor observados na gabia da estrada entre Donís e Os Cabaniños
(Cervantes) o 6
e o 19 de xullo de 2014.
Lilium
martagon
por Cervantes.
-Allium
ursinum. Numerosas localizacións en zonas húmidas da comarca
como os observados en floración á beira do río Navia nos concellos
de As Nogais e Becerreá o 19 de marzo de 2014.
Allium
ursinum por As Nogais.
-Polygonatum
verticillatum.
Atopamos uns
poucos exemplares en flor
o 17 de
xuño de 2014, preto
de As Forcas (As
Nogais) e máis
de 100 exemplares
próximos a florecer nos faiais por
Brañas da Serra (Pedrafita
do Cebreiro) o 18
de maio de 2015.
Polygonatum verticillatum por As Forcas (As Nogais).
Polygonatum verticillatum por As Forcas (As Nogais).
-Paris
quadrifolia. Varios exemplares co froito o 19 de xullo de 2014
por Os Cabaniños (Cervantes).
Paris
quadrifolia por Os Cabaniños (Cervantes).
-Narcissus
pseudonarcissus. Espectacular e numerosa floración en Campo
Formoso (Cervantes) o 23 de abril de 2015.
Narcissus
pseudonarcissus en Campo Formoso (Cervantes).