Outras dúas novas especies que encontramos son dous pintafontes: o pintafontes palmado Lissotriton helveticus e o pintafontes verde Triturus marmoratus. O primeiro parece máis escaso e o segundo algo máis presente en pozas e puntos de auga na comarca.
Macho de pintafontes verde Triturus marmoratus nunha poza pola serra do Follabal (A Fonsagrada).

Macho de pintafontes palmado Lissotriton helveticus nunha poza pola serra do Follabal (A Fonsagrada).
Femia de pintafontes palmado Lissotriton helveticus nunha poza pola serra de Follabal (A Fonsagrada).
Outro anfibio detectado na comarca foi o sapiño pinto Discoglossus galganoi. Un exemplar nun bosque de castiñeiros Castanea sativa por Vilalba de A Trapa (A Fonsagrada), xa dentro da ZEPVN LIC Carballido.

Sapiño pinto Discoglossus galganoi por Vilalba de A Trapa (A Fonsagrada).
E para rematar o primeiro dos réptiles que nos atrevemos a poñer neste blog. Un cobregón Malpolon monspessulanus duns 80 cm. que atopamos morto atropelado na estrada preto de Vilar de Cuiña (A Fonsagrada). Así calquera lle fai unha foto. Espero non trabucarme ca especie.
Cobregón Malpolon monspessulanus por Vilar de Cuiña (A Fonsagrada).

