Andoriña dáurica Hirundo daurica por Negueira de Muñiz.
martes, 27 de abril de 2010
Andoriñas dáuricas no val do Navia
Na xornada do 27/04/2010 baixamos ao encoro de Salime e xa no concello de Negueira de Muñiz observamos por primeira vez a 4 andoriñas dáuricas Hirundo daurica que formaban dúas parexas e que estaban moi atarefadas na contrucción dos seus curiosos niños baixo as vigas dunha ponte. É a primeira vez que vemos esta especie da que xa sabíamos da súa presencia polas citas históricas consultadas. Seguiremos con curiosidade a cría desta especie na comarca.
sábado, 24 de abril de 2010
Por Queixoiro o 19/4/2010
A zona de Queixoiro, na Fonsagrada, e coñecida ademais de polo nome dun pobo pola súa fermosa seimeira: a seimeira de Queixoiro. Esta fervenza está recollida no Inventario Galego de Humidais ao igual que a seimeira de Vilagocende, as dúas no concello da Fonsagrada. Os montes da zona de Quiexoiro, ademais de por bosques autóctonos atlánticos, está ocupada por grandes extensións de repoboacións de piñeiros silvestres Pinus sylvestris e neste hábitat podemos disfrutar de aves propias como unha parexa observada de ferreiriños negros Parus ater, e outra parexa de cruzabicos Loxia curvirostra que xa tiña ganas de botarlles o ollo, tras escoitalos en días anteriores.
Femia de cruzabico Loxia curvirostra.
Macho de cruzabico Loxia curvirostra.
Ferreiriño negro Parus ater por Queixoiro (A Fonsagrada).
Etiquetas:
Loxia curvirostra,
Parus ater,
Pinus sylvestris
domingo, 18 de abril de 2010
Novas observacións ornitolóxicas 16/4/2010
Segundo vai entrando a primaveira seguimos observando na comarca novos visitantes de paso, outros que veñen para quedarse ata o fin do estío e outros que están todo o ano e así imos censando ornitolóxicamente a comarca.
Xa levamos unha semana sen ver ás dúas garzas reais Ardea cinerea que nos regatos e prados de Córneas (Baleira) e Sanguñedo (A Fonsagrada) levaban todo o inverno.
No encoro de Salime seguen:
Corvo mariño grande Phalacrocorax carbo - 8
Lavancos Anas platyrhynchos - 6
Corvo mariño grande Phalacrocorax carbo - 8
Lavancos Anas platyrhynchos - 6
Choias Pyrrhocorax pyrrhocorax - 33
Merlo azul Monticola solitarius - 1 preto de Arexo
Andoriña Hirundo rustica - 15 (desde fai 15 días)
Pedreiros cincentos Oenanthe oenanthe.- 6 (os primeiros polo Campo do Vento e Peizais en A Fonsagrada).
Lavercas Alauda arvensis - 7 e petos verdes Picus viridis - 2 (pola Cortevella, Baleira).
Lavercas Alauda arvensis - 7 e petos verdes Picus viridis - 2 (pola Cortevella, Baleira).
Cucos Cuculus canorus - 1 (o primeiro do ano por Pacios , A Fonsagrada).
Cuco Cuculus canorus na Fonsagrada
Peto verde Picus viridis por Baleira.
jueves, 15 de abril de 2010
Gabián
Na comarca da Fonsagrada existen todavía extensas masas de bosques autóctonos, como os que se atopan na Marronda e en Carballido. Gracias a esta sorte podemos atopar nestes hábitats especies forestais como o gabián Accipiter nisus que onte tivemos a sorte de fotografiar entre Vilaframil e Castañeira, parroquia de O Trobo (A Fonsagrada), no LIC Carballido. Atopamos dous machos voando e pousados nas perchas de árbores e só un pudo ser fotografiado correctamente. Botei en falta o equipo de digiscoping que non levaba conmigo, pero o resultado cun 300mm e un 1.4x penso que que é pasable como para publicar estas dúas fotos e constatar a presenza na comarca desta fermosa rapaz.
miércoles, 14 de abril de 2010
Escribenta amarela
Xa de volta tras unhas pequenas vacacións, aproveitamos para amosar outra escribenta das que se poden atopar nesta comarca todo a ano. A escribenta amarela Emberiza citrinella pódese atopar en zonas normalmente superiores aos 800 metros de altitude, como este exemplar das fotos atopado no alto dun carballo nun hábitat de mosaico nos altos da Piqueira na Fonsagrada.
Macho de escribenta amarela Emberiza citrinella na Fonsagrada.
jueves, 1 de abril de 2010
Orchis morio
Unha das representantes da familia das orquidáceas, a orquídea Orchis morio, que podemos atopar na comarca da Fonsagrada. Amosamos unhas fotos de esta especie da que puidemos atopar dúas poboacións (de non mais de 20 individuos en total) no val do Navia nuns prados no concello de Negueira de Muñiz de camiño á ponte de Boadil. A pesar da súa preciosa floración da que podemos disfrutar nesta época, recordemos que pola súa rareza todas as orquídeas están protexidas pola lei na Unión Europea e que non teñen propiedades máxicas nin curativas e ademais son de difícil transplante, polo que nada de arrincalas, difrutar delas in situ e sacarlles unhas fotos como as seguintes.
Orquídea Orchis morio na val do Navia en Negueira de Muñiz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)