Imos comezar unha
xeira de entradas sobre flora, xa que temos bastantes citas anotadas
e antes de que outra primavera nos pille imos a comentalas.
-Ceterach
officinarum subsp. officinarum. Varios exemplares deste fento
coñecido como douradiña preto dunha graveira sobre calcarias por A
Cruz da Horta (Becerreá) o 10 maio 2015.
Ceterach
officinarum subsp. officinarum por A Cruz da Horta (Becerreá).
-Aconitum vulparia
subsp. neapolitanum. Varios exemplares desta planta coñecida como
matacán ou matalobos en floración o 19 de xullo de 2014 desta rara
planta que se pode atopar en lugares húmidos e por riba dos 700 m de
altura e nas serras orientais galegas como é o lugar onde a atopamos
preto de Os Cabaniños (Cervantes).
Aconitum
vulparia subsp. neapolitanum por Os Cabaniños (Cervantes).
-Anemone nemorosa. Numerosos exemplares en floración, desta especie típica dos nosos
bosques húmidos interiores, observados o 20 de abril de 2015 por
varias zonas de Pedrafita do Cebreiro e Cervantes, como os
fotografados preto de Campo Formoso (Cervantes).
Anemone
nemorosa preto de Campo Formoso (Cervantes).
-Corydalis
cava subsp. cava.
Varios exemplares en
floración o 19 de marzo de 2014 no tramo alto do río Navia ao seu
paso polo concello de As Nogais e Becerreá formando sotobosque de frondosas
autóctonas.
Corydalis
cava subsp. cava por As Nogais.
-Lychnis
flos-cuculi subsp. flos-cuculi. Uns 10 exemplares en floración da
coñecida como herba ou flor do cuco o 2 de xuño de 2014 nun
pasteiro brañento ao pe do rego de Brañas e preto de O Faial por
Fonteformosa xa na Serra da Escrita (Pedrafita do Cebreiro).
Lychnis
flos-cuculi subsp. flos-cuculi por (Pedrafita do Cebreiro).
-Dianthus
hyssopifolius Caravel bravo. Varios
exemplares en floración o
18 de agosto
de 2014
nas calcarias
de Cruzul (Becerreá) e noutras calcarias
en lugares próximos.
Dianthus
hyssopifolius por Becerreá.
-Viola suavis.
Varios exemplares en floración nas calcarias de Cruzul o 9 de abril
de 2014, concretamente por A Cruz da Horta (Becerreá).
Viola
suavis por Becerreá.
-Viola saxatilis.
Varios exemplares en floración o 18 de maio de 2015 por Brañas
(Pedrafita do Cebreiro).
Viola
saxatilis por Pedrafita do Cebreiro.
-Alliaria
petiolata.Varios exemplares en floración en varias localizacións
baixo bosque de ribeira en varios sitios no tramo alto do río Navia ó seu paso polos concellos
de As Nogais e Becerreá o 9 de abril de 2014.
Alliaria
petiolata por As Nogais.
-Erysimum
linifolium. Varios exemplares en floración o 29 de maio de 2014 polo
Taro Branco (Folgoso de Courel) nesa zona de calcarias xa no Courel.
Erysimum
linifolium por Folgoso de Courel.
Continuará...