Ahí van unhas fotiños de aves por orde cronolóxica:
- Cardeal europeo Pyrrhula pyrrhula. Residente na zona como
este observado o 21 Xan 2023 no
Val de Neira de Rei (Baralla).
- Escribidor amarelo
Emberiza citrinella o 4 Abr 2023 preto de
O Ventorrillo (A Fonsagrada)
- O roqueiro azul
Monticola solitarius. O
20 Mai
2023 nas Penas de Rubiais (Navia de Suarna).
- A aguia calzada
Hieraaetus pennatus. Vista o 17 Xuñ 2023
polo miradoiro de Arexo (A Fonsagrada)
- O roqueiro rubio
Monticola saxatilis. Observados varios
exemplares o 18 Xuñ 2023 no pico Penarrubia (Cervantes).
- A pomba seixa
Columba oenas non é moi habitual tan ao norte. Sen
embargo unha parella leva uns anos visitando na época estival o
entorno da torre de Torés (As Nogais). Aquí puidemos ver unha delas
o 28 Xuñ 2023 ao lado dun pombo torcaz
Columba palumbus.
- Un peneireiro cincento
Elanus caeruleus observado o 11 Xul 2023
preto de San Salvador (Triacastela).
- O chasco do norte
Saxicola rubetra. Fieis en puntuais nos
pasos, como este o 5 Set 2023 polo Val de Neira de Rei
(Baleira/Baralla)
- Avefría choromica
Vanellus vanellus. Un exemplar solitario
e probablemente perdido ou desorientado apareceu o 18 Out 2023 tras
unha treboada por Folgueiras de Aigas (Navia de Suarna).
- A aguia real
Aquila chrysaetos. Observada o 22 Out 2023 polo
miradoiro de Arexo (A Fonsagrada).
- O cruzabico boreal Loxia curvirostra. Especie presente sobre
todo en masas de Pinus sylvestris da comarca de A Fonsagrada e
dos Ancares. Estes curiosamente foron observados no chan en Becerreá o 12 Feb 2024.
-A pica alpina
Anthus spinoletta. Presente en boa partes das
comarcas de A Fonsagrada e Ancares, como esta fotografada o 17 Feb
2024 no Val de Neira de Rei (Baralla).