Por fin, xa chegou
o momento de falar deste oso pardo cantábrico Ursus arctos que
tantas noticia xerou nos medios e do que xa anticipáramos algo na
anterior entrada. Sen dar moitos datos sobre a localización deste
exemplar e tras uns meses de seguimento nos que os indicios da súa
presencia eran máis que evidentes chegou o momento de amosar algo
máis: unhas fotos do oso.
Si, así é,
estades lendo ben. Dada a súa querencia por atacar as colmeas
decidimos en colocar unha cámara de fototrampeo nunha delas ca
esperanza de obter unha imaxe deste plantígrado e ao final obtivemos
a recompensa. Son seis as fotografías que obtivemos, non de moita
calidade fotográfica pero dun valor documental evidente.
As seis imaxes do
oso pardo cantábrico Ursus arctos por Baleira.
O oso pardo, como
plantígrado que é, deixa pegadas de bo tamaño e inconfundibles
marcando os cinco dedos e normalmente as uñas. Usando as pegadas que
atopamos e medindo a distancia que hai entre os puntos centrales dos
dedos situados nos extremos obtivemos unha anchura duns 105 mm, que
según se sabe da biométrica desta especie ben puidera tratarse dun
macho non adulto (posible macho subadulto) ou dunha femia
adulta. Non podendo afirmar cal é o sexo deste exemplar o caso é
que como se pode observar nas fotografías o tamaño xa é
considerable.
Pegada do oso
pardo cantábrico Ursus arctos nun panal dunha colmea atacada por Baleira.
Tamén atopamos
nestes meses os característicos excrementos do oso, que son grandes
e difíciles de confundir, ademáis non dan unha idea da súa dieta
con bastante detalle. No caso que nos ocupa puidemos confirmar restos
bastante identificables semillas (landras, castañas, cereixas, baias,...)
así como de mel (ceras e crías de abellas incluídas).
Excremento do oso
pardo cantábrico Ursus arctos por Baleira con restos de cereixas.
Tamén atopamos
por Baleira marcas en árbores, é dicir, os característicos
mordiscos e rabuñaduras nos troncos das árbores. Observamos estes
indicios en castiñeiros, salgueiros e ata nun eucalipto novo.
Marcas nun
castiñeiro do oso pardo cantábrico Ursus arctos por Baleira.
Ademáis tamén
observamos algún encame, pedras volteadas, zonas escarbadas para
atopar insectos e por suposto as colmeas atacadas.
Como vedes todo un
catálogo de indicios que nos indicaban con claridade a presencia do
oso. Pero faltaba o documento gráfico e ao final, cun pouco de sorte
e algo máis de paciencia podemos disfrutar destas esperanzadoras
imaxes para a especie en Galicia. Que mira que si é unha femia...