Xa tocaba. Demasiado tempo levo con este blog parado. Non teño escusa. Polo tanto que mellor forma de retomar a actividade que contar as novidades ornitolóxicas que penso son as máis interesantes que teño deste tempo nas comarcas da Fonsagrada e dos Ancares.
E imos comezar polo peto negro, que despois de escoitalo un par de veces, por fin o puiden ver e fotografar por Negueira de Muñíz o 1 de abril de 2022.
Peto negro Dryocopus martius por Negueira de Muñíz.
Outra observación interesante foi a dun picanzo cabecirrubio Lanius senator o 16 de abril de 2022 por Reboira (A Fonsagrada).
Picanzo cabecirrubio Lanius senator por Reboira (A Fonsagrada).Por Fonfría (Pedrafita do Cebreiro) o 29/08/2017 observamos 1 pedreiro cincento Oenanthe oenanthe, 2 chascos norteños Saxicola rubetra e 2 papamoscas negros Fycedula hypoleuca. Tamén 3 millafres reais Milvus milvus o 17/01/2022.
Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe por Fonfría (Pedrafita do Cebreiro). Millafre real Milvus milvus por Fonfría (Pedrafita do Cebreiro).Entre Lodos e As Cancelas (A Fonsagrada) o 28/03/2021 atopeime pousado a este probable macho de gabián Accipiter nisus.
Gabián Accipiter nisus entre Lodos e As Cancelas (A Fonsagrada).Por Torés (As Nogais) o 11/04/2021 no entorno da igrexa e a torre de Torés atopei 4 choias Pyrrhocorax pyrrhocorax, 1 parella de pombos pequenos Columba oenas e unhas 20 grallas pequenas Corvus monedula.
Choias Pyrrhocorax pyrrhocorax por Por Torés (As Nogais).Por Aigas (Navia de Suarna) o 03/05/2021 este ferreiriño cristado Lophophanes cristatus.
Ferreiriño cristado Lophophanes cristatus por Aigas (Navia de Suarna).Pola serra de Ancares, no Penarrubia (Cervantes) o 23/01/2022 observo 8 lavercas Alauda arvensis, 12 tordos reais Turdus pilaris e 6 picas alpinas Anthus spinoletta.
Laverca Alauda arvensis polo Penarrubia (Cervantes). Tordo real Turdus pìlaris polo Penarrubia (Cervantes).Preto da torre de Doncos (As Nogais) o 27/03/2022 esta estreliña riscada Regulus ignicapilla.
Estreliña riscada Regulus ignicapilla por Doncos (As Nogais).Por Entralgo (Negueira de Muñíz) o 1/04/2022 este picafollas europeo Phylloscopus collybita.
Picafollas europeo Phylloscopus collybita por Entralgo (Negueira de Muñíz).E por último, que non derradeiro, por Catroventos (Cervantes) o 14/03/2022 un polo xoven algo melánico de tartaraña cincenta Circus pygargus.
Tartaraña cincenta Circus pygargus por Catroventos (Cervantes).