viernes, 7 de diciembre de 2018

Uns poucos odonatos

Non quería que acabara o ano sen actualizar este blog, por iso volvo a facer unha entrada, esta vez cos cabaliños do demo e libeliñas que fun recompilando e aínda non viron a luz. Pouca cousa por ahora pero non o único que teño na recámara, pero que terán que esperar a capítulos vindeiros.

- Lavacú azafrán Sympetrum flaveolum. Nunha visita realizada o 05/07/2016 ó Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro) fotografiei esta femia inmadura. Noutra visita o mesmo lugar o 14/09/2018 observei máis de 20 exemplares, algúns en tándem. Tamén nese mesmo sitio e día vin voando varios exemplares da libeliña de outono Aeshna mixta.

Femia inmadura de Sympetrum flaveolum no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
 
Tándem de Sympetrum flaveolum no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).

Aeshna mixta no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
 
- Cordulegaster boltonii. O 25/07/2016 pola serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna) alomenos 2 exemplares voan nun regato ao longo da pista. Tamén moi preto varios exemplares de Onychogomphus uncatus.

Cordulegaster boltonii na serra de Barreiro (Navia de Suarna). 

Onychogomphus uncatus na serra de Barreiro (Navia de Suarna).

- Gaiteiriño dríade Lestes dryas. Varios exemplares o 22/06/2017 por A Golada (Pedrafita do Cebreiro).

Lestes dryas por A Golada (Pedrafita do Cebreiro).