Nestes días
fríos, nos que a neve domina a paisaxe, imos rescatar do caixón un
lote de citas de bolboretas que viñan agardando unha ocasión como esta para ver a luz.
Comezamos esta
entrada por dúas interesantes bolboretas que conseguimos observar e
moi pretiño unha da outra. Trátase da Bolboreta Apolo Parnassius
apolo e do Pequeno Pavón Saturnia pavonia.
Da primeira,
Parnassius apolo, xa tiñamos coñecemento de que estaba
citada na serra de Ancares, pero non foi ata o 15/07/2017 cando por
fin conseguimos observar e fotografar polo menos 3 exemplares na
Golada de Boca de Campo (Cervantes).
Parnassius
apolo na Golada de Boca de Campo (Cervantes).
Da segunda,
Saturnia pavonia, a verdade e que non tiña moita información,
polo que foi unha sorte podee ver, o mesmo día e practicamente no
mesmo sitio, como por un carreiro andaba unha curiosa eiruga que
resultou ser un probable cuarto estadío desta especie que nun primeiro momento confundín con Saturnia pyri, pero que grazas a un corrección feita por un lector deste blog puiden identificar correctamente.
Saturnia pavonia
na Golada de Boca de Campo (Cervantes).
Outras citas de
bolboretas que tamén tiñamos no caixón son as seguintes:
-Erebia
palarica. Polo menos 2 ex. o 27/07/2016 polo lugar de Chao dos
Bois (Pedrafita do Cebreiro) na pista pista forestal que atravesa un
faial.
Erebia palarica
en Chao dos Bois (Pedrafita do Cebreiro).
- Argynnis paphia. Un ex. o 25/07/2016 na Serra de Barreiro, preto de Asar
(Navia de Suarna).
Argynnis paphia na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).
- Lampides
pirithous. Polo menos 6 ex. o 25/07/2016 na Serra de
Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).
Lampides
pirithous na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de
Suarna).
- Lycaena
alciphron. Polo menos 6 ex. o 25/07/2016 na Serra de Barreiro,
preto de Asar (Navia de Suarna).
Lycaena
alciphron na Serra
de Barreiro, preto de Asar
(Navia
de Suarna).
- Polyommatus
icarus. Polo menos 6 ex. o 27/08/2016 por O Chao de Corros
(Cervantes) e outros tantos o 01/09/2016 entre Guilfrei e As Bouzas
(Becerreá).
Polyommatus
icarus entre Guilfrei e As Bouzas (Becerreá).
- Limenitis
reducta. 2 ex. o 04/06/2017 nun ameneiro Alnus glutinosa á
beira do río Navia por A Ponte da Muria (Navia de Suarna).
Limenitis
reducta por A Ponte da Muria (Navia de Suarna).
- Brenthis daphne . Máis de 2 ex. O 22/06/2017 por A Golada (Pedrafita
do Cebreiro).
Brenthis daphne por A Golada (Pedrafita do Cebreiro).
- Lycaena
virgaureae. 2 ex. O 21/07/2017 en Riocereixa de Abaixo (Pedrafita
do Cebreiro).
Lycaena
virgaureae. 2 ex. O 21/07/2017 en Riocereixa de Abaixo (Pedrafita
do Cebreiro).
- Kanetisa
circe. 2 ex. o 06/09/2017 entre Carriz e Pilliceira (Navia de
Suarna).
Kanetisa circe
entre Carriz e Pilliceira (Navia de Suarna).
- Lampides
boeticus. Tamén 2 ex. o 06/09/2017 entre Carriz e Pilliceira
(Navia de Suarna).
Lampides
boeticus entre Carriz e Pilliceira (Navia de Suarna).