Por aquí andamos de novo,
xa no outono e ás portas do inverno, vendo as como as primeiras
nevaradas xa están tinxindo de branco os cumios dos Ancares. Polo
tanto xa pasou a primavera e o verán, e a verdade é que temos un
lote de cousas que contar, un montón de citas recollidas e todo o
inverno para ir pouco a pouco falando delas.
E como a primavera
é o tempo das flores, tempo pois para acordarnos da flora e en
particular das orquídeas que nesa estación e durante o 2014
observamos na comarca de Ancares. E é que ben sabido é que esta
comarca é unha das mellores á hora de observar exemplares desta
familia, entre outras cousas pola presenza de zonas de calías.
Comezamos por
unhas das orquídeas máis vistosas que temos en Galicia:
Himantoglossun hircinum. Esta especie atopámola en varios lugares,
sempre sobre calías, como as observadas nas calías de Cruzul
(Becerreá) o 16 de maio.
Himantoglossun
hircinum no aciñeiral de Cruzul (Becerreá).
Neste mesmo lugar
e nas mesmas datas atopamos outra preciosa orquídea de preferencias
calcícolas como é Ophrys sphegodes.
Ophrys sphegodes
no aciñeiral de Cruzul (Becerreá).
E acompañando a
estas dúas orquídeas, unha terceira: Orchis mascula. Probablemente
a orquídea máis abondosa na comarca de Ancares. Atopámola en
Cruzul e en un lote de lugares diferentes, non so con presencia de
calías.
Orchis mascula no aciñeiral de Cruzul (Becerreá).
Xa chegando a
Vilaesteva (Baralla)e pasado Vilouta, o 30 de maio, atopamos 4
exemplares de Orchis provincialis.
Orchis provincialis preto de Vilaesteva (Baralla).
Outra das
orquídeas máis doadas de observar nesta zona é Dactylorhiza
maculata. O 24 de xuño observamos numerosos exemplares por
Vilarello do río (Cervantes) e pola beira da estrada entre Donís e
Xantes. Todas elas con flores muy blanquecinas (¿Dactylorhiza
ericetorum ?).
Dactylorhiza maculata por Vilarello do río (Cervantes).
Xa fora da comarca
de Ancares, nunha escapadiña realizada o 29 de maio a O Taro Branco
(Folgoso de Courel), observamos uns exemplares doutra orquídea:
Aceras anthropophorum.
Aceras anthropophorum por O Taro Branco ( Folgoso de Courel).
E rematamos aquí
esta entrada, esperando á primavera 2015 que seguro que nos traerá
máis exemplares e especies de orquídeas que amosar. Ata outra