Este presente ano está traendo algunha que outra sorpresiña, pero ningunha comparada a unha que lle tiña moita ganas. A charrela Perdix perdix é unha desas observacións que levaba tempo esperando por Ancares e a verdade que cando por fin aconteceu veu da mellor maneira, pois se deixou fotografar a pracer un bo rato.
Charrela Perdix perdix o 20 de marzo na subida ó pico Penarrubia (Cervantes).O peto verde ou ibérico Picus sharpei e o peto real Dendrocopos major son os dous petos máis facilmente observables nesta zona e presentes todo o ano. A pesar de que non sempre se deixan fotografar a gusto, algunha vez tamén se pode sacar algo.
Peto verde Picus sharpei o 20 de xaneiro polo val de Neira de Rei (Baralla).
Peto real Dendrocopos major o 27 de xaneiro polo val de Neira de Rei (Baralla).
Dúas aves de rapiña que logramos fotografar foron o esquivo gabián Accipiter nisus e o cada vez máis presente en época estival millafre negro Milvus migrans. Tamén logramos observar outa vez o voitre branco Neophron percnopterus, esta vez por Camporredondo (Baralla).
O pizanzo real norteño Lanius meridionalis. Este bonito paxaro, sen ser abondoso, é visitante estival por estes lares. Pero tamén hai algúns poucos individuos que quedan e se establecen na zona e pasan con nós o inverno.
Picanzo real norteño Lanius meridionalis o 4 de febreiro polo val de Neira de Rei (Baralla).
Curiosamente estes picanzos invernantes ó chegar a primaveira desaparecen...