Mostrando entradas con la etiqueta Rana temporaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rana temporaria. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de octubre de 2015

Unha de herpetos

Outra vez levaba tempo, xa máis dun ano, sen falar dos anfibios e réptiles que observamos nesta zona. Por iso agora que temos un volumen de citas interesante paso a amosalas:

-Pintafontes verde Triturus marmoratus, un exemplar de macho en fase terrestre baixo unha pedra entre Vilamame e O Castro (Becerreá) o 28 de marzo de 2014.
Pintafontes verde Triturus marmoratus entre Vilamame e O Castro (Becerreá).

-Ra patilonga Rana iberica, numerosos exemplares o 9 de abril de 2014 preto de O Chao da Vila (Becerreá).
 Ra patilonga Rana iberica
 
-Ra verde Pelophylax perezi, numerosos exemplares o 18 de agosto de 2014 na charca de A Lagúa (As Nogais).
 Ra verde Pelophylax perezi.

-Ra vermella Rana temporaria, un exemplar no estrato herbáceo húmedo no medio dun piñeiral o 18 de agosto de 2014 preto de Vilachá (Baralla).
 Ra vermella Rana temporaria.

-Lagarta da serra Iberolacerta monticola, un exemplar o 18 de xuño de 2015 nas pedras dun cortín derrubado preto da Pena de Murias por Murias de Rao (Navia de Suarna). Grazas Martiño pola correcta identificación deste exemplar.
Lagarta da serra Iberolacerta monticola.

-Lagarto arnal Timon lepidus, varios exemplares como o 16 de maio de 2014 por A Borquería (Becerreá), outro o 11 de maio de 2015 preto de Becerreá e outro o 13 de maio de 2015 atropelado por A Ponte da Carrioza (Cervantes).
Lagarto arnal Timon lepidus.

-Lagarto das silvas Lacerta schreiberi, varias obdervacións como o 19 de marzo de 2014 por A Horta (Becerreá), outro o 12 de maio de 2015 preto de Cadoalla (Becerreá), outro o 16 de xuño de 2015 entre Asar e Prebello (Navia de Suarna) e outro máis o 16 de xuño de 2015 entre Meda e Asar  (Navia de Suarna).
 Lagarto das silvas Lacerta schreiberi.

-Lagarta galega Podarcis bocagei, un exemplar o 1 de xuño de 2015 preto de Vilarín d Vallo (Navia de Suarna).
 Lagarta galega Podarcis bocagei.

-Escáncer común Anguis fragilis, un exemplar o 13 de xullo de 2015 entre O Cochoso e Vilameixide (Navia de Suarna).
 Escáncer común Anguis fragilis.

-Cobra lagarteira común Coronella austriaca, un exemplar atropelado o 6 de abril de 2015 preto de Vilanova do Pedregal (Cervantes).
 Cobra lagarteira común Coronella austriaca.

-Cobregón Malpolon monspessulanus, un exemplar atropelado na estrada o 22 de xullo de 2014 preto de San Martiño da Ribeira pero aínda no concello de Becerreá.
-Cobra de colar Natrix natrix, un exemplar novo o 10 de maio de 2015 polo aciñeiral de Cruzul preto de A Cruz da Horta (Becerreá).
Cobra de colar Natrix natrix.

-Vibora de Seoane Vipera seoanei, un exemplar atropelado o 26 de setembro de 2015 preto de Doiras (Cervantes).
Vibora de Seoane Vipera seoanei.

jueves, 18 de octubre de 2012

Vai de herpetos

Ben vale esta ocasión para lembrarse de dúas especies de anfibios dos que todavía non falamos neste blog. Por un lado o sapiño comadrón Alytes obstetricans e por outro o esquivo sapo corriqueiro Epidalea (Bufo) calamita.
O sapiño comadrón Alytes obstetricans é unha especie que todavía non tiven ocasión de observar na comarca, se ven as últimas citas que teño son do 2009, o estado actual desta especié é para min un misterio. Quedámonos entón con esta fotografía daquelas datas preto de Naraxa (A Fonsagrada).

Sapiño comadrón Alytes obstetricans preto de Naraxa (A Fonsagrada). Fotografía de Alejandro Ocampo.

Outro caso ben distinto é o do sapo corriqueiro Epidalea (Bufo) calamita, este mesmo ano observei postas de esta especie, e outras citas máis pola comarca.

Posta de sapo corriqueiro Epidalea (Bufo) calamita preto do Muradal (A Fonsagrada).

Sapo corriqueiro Epidalea (Bufo) calamita pola Fonsagrada. Fotografía de Alejandro Ocampo.

Tamén seguimos observando as postas e adultos de ra vermella Rana temporaria nos lugares de costume o que nos permiten facerlle unhas boas fotografías a esta especie.

Ra vermella Rana temporaria preto de Queixoiro (A Fonsagrada).

E ademáis, xa para rematar, seguen observandose exemplares de serpes riscadas Rhinechis scalaris en lugares habituais como é a zona da Virxe da Veiga (Negueira de Muñíz). A pena é que sempre se observan atropeladas na estrada, como a serpe da seguinte fotografía, aínda que non se note moito. Esta claro que así non escapan da cámara.

Serpe riscada Rhinechis scalaris preto da Virxe da Veiga (Negueira de Muñíz).

sábado, 12 de junio de 2010

Outra de anfibios e unha de réptiles

Estos últimos días estamos deixando ou pouco de lado a ornitoloxía pero a cambio estamos facendo novas e interesantes observacións de anfibios na comarca da Fonsagrada. A primeiras das nosas novas observacións era unha espiña que tiña clavada tras trabucarme nun post anterior. Esta vez me fixo na gorxa (poucas manchas e ausencia de liña central clara), no tímpano (moi visíbel e case do tamaño do ollo) e ca proba do talón das patas traseiras que non chega á punta do fuciño. En fin, un exemplar de ra vermella Rana temporaria que observei nun regato temporal nunha gabia dunha pista forestal próximo a Barbeitos (A Fonsagrada) acompañada dun bo número de cágados.


Ra vermella Rana temporaria por Barbeitos (A Fonsagrada).

Outras dúas novas especies que encontramos son dous pintafontes: o pintafontes palmado Lissotriton helveticus e o pintafontes verde Triturus marmoratus. O primeiro parece máis escaso e o segundo algo máis presente en pozas e puntos de auga na comarca.


Macho de pintafontes verde Triturus marmoratus nunha poza pola serra do Follabal (A Fonsagrada).

Macho de pintafontes palmado Lissotriton helveticus nunha poza pola serra do Follabal (A Fonsagrada).

Femia de pintafontes palmado Lissotriton helveticus nunha poza pola serra de Follabal (A Fonsagrada).
Outro anfibio detectado na comarca foi o sapiño pinto Discoglossus galganoi. Un exemplar nun bosque de castiñeiros Castanea sativa por Vilalba de A Trapa (A Fonsagrada), xa dentro da ZEPVN LIC Carballido.

Sapiño pinto Discoglossus galganoi por Vilalba de A Trapa (A Fonsagrada).

E para rematar o primeiro dos réptiles que nos atrevemos a poñer neste blog. Un cobregón Malpolon monspessulanus duns 80 cm. que atopamos morto atropelado na estrada preto de Vilar de Cuiña (A Fonsagrada). Así calquera lle fai unha foto. Espero non trabucarme ca especie.


Cobregón Malpolon monspessulanus por Vilar de Cuiña (A Fonsagrada).