O inverno xa se sente. As neves e as baixas temperaturas fixeron a súa aparición e con elas novos veciños que enriquecen a fauna ornitolóxica da comarca. As observacións feitas estos días son o fiel reflexo da época do ano na que nos atopamos.
O 25 de Novembro visitamos a fraga da Marronda (Baleira). Un lugar recomendable para calquer amante da natureza e coñecido, entre outras cousas, porque nela podemos atopar poboacións de faias
Fagus sylvatica que constitúen o límite suroccidental da distribución da faia en Europa. Nesta visita observamos:
-Gabeador
Certhia brachydactyla. 1 parexa.
-Ferreiriño rabilongo
Aegithalos caudatus. Xa se observan exemplares en bandos numerosos pola comarca como os 13 exemplares vistos xuntos na Marronda
-Perdiz
Alectoris rufa. 1 exemplar nunha pradería preto da Marronda.
-Ferreiriño cristado
Parus cristatus. 1 parexa.
-Tordo rubio
Turdus iliacus. Xa se deixan ver os primeiros exemplares deste inverno tamén pola Marronda. Tamén incremento de efectivos de tordos comúns
Turdus philomelos e bandos numerosos de xílgaros
Carduelis carduelis.
Gabeador Certhia brachydactyla na Marronda (Baleira).
Ferreiriño rabilongo Aegithalos caudatus na Marronda (Baleira).
Ferreiriño cristado Parus cristatus na Marronda (Baleira).
Tordos rubios Turdus iliacus na Marronda (Baleira).
Tordo común Turdus philomelos na Marronda (Baleira).No lugar de A Braña (Baleira) na mesma data, preto dunha das entradas á fraga da Marronda, tamén atopamos:
-Pardal montés
Passer montanus. 3 exemplares nun bando mixto con
Passer domesticus.
-Pica alpina
Anthus spinoletta. 1 exemplar.
-Lavandeira real
Motacilla cinerea. 1 exemplar.
Pardais monteses Passer montanus por A Braña (Baleira).
Pica alpina Anthus spinoletta por A Braña (Baleira).
Lavandeira real Motacilla cinerea por A Braña (Baleira).
Tamén destacamos a observación dunha escribenta común
Emberiza cirlus por Cancio (Negueira de Muñiz) o 11/10/2010. E por último suliñar unha cita que recollemos do Noticiario Ornitoxeográfico Galego aportada por Jukka Rokkanen: observación de un peto negro
Dryocopus martius que cruza voando a estrada por Fonfría (A Fonsagrada) o 22/10/2010. Quen o pillara.
Escribenta común Emberiza cirlus por Cancio (Negueira de Muñiz).