viernes, 9 de febrero de 2018

Sacando bolboretas do caixón

Nestes días fríos, nos que a neve domina a paisaxe, imos rescatar do caixón un lote de citas de bolboretas que viñan agardando unha ocasión como esta para ver a luz.

Comezamos esta entrada por dúas interesantes bolboretas que conseguimos observar e moi pretiño unha da outra. Trátase da Bolboreta Apolo Parnassius apolo e do Pequeno Pavón Saturnia pavonia.

Da primeira, Parnassius apolo, xa tiñamos coñecemento de que estaba citada na serra de Ancares, pero non foi ata o 15/07/2017 cando por fin conseguimos observar e fotografar polo menos 3 exemplares na Golada de Boca de Campo (Cervantes).
Parnassius apolo na Golada de Boca de Campo (Cervantes).

Da segunda, Saturnia pavonia, a verdade e que non tiña moita información, polo que foi unha sorte podee ver, o mesmo día e practicamente no mesmo sitio, como por un carreiro andaba unha curiosa eiruga que resultou ser un probable cuarto estadío desta especie que nun primeiro momento confundín con Saturnia pyri, pero que grazas a un corrección feita por un lector deste blog puiden identificar correctamente.
Saturnia pavonia na Golada de Boca de Campo (Cervantes).

Outras citas de bolboretas que tamén tiñamos no caixón son as seguintes:

-Erebia palarica. Polo menos 2 ex. o 27/07/2016 polo lugar de Chao dos Bois (Pedrafita do Cebreiro) na pista pista forestal que atravesa un faial.
Erebia palarica en Chao dos Bois (Pedrafita do Cebreiro).

- Argynnis paphia. Un ex. o 25/07/2016 na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).
Argynnis paphia na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).

- Lampides pirithous. Polo menos 6 ex. o 25/07/2016 na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).
Lampides pirithous na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).

- Lycaena alciphron. Polo menos 6 ex. o 25/07/2016 na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).
Lycaena alciphron na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).

- Polyommatus icarus. Polo menos 6 ex. o 27/08/2016 por O Chao de Corros (Cervantes) e outros tantos o 01/09/2016 entre Guilfrei e As Bouzas (Becerreá).
Polyommatus icarus entre Guilfrei e As Bouzas (Becerreá).

- Limenitis reducta. 2 ex. o 04/06/2017 nun ameneiro Alnus glutinosa á beira do río Navia por A Ponte da Muria (Navia de Suarna).
Limenitis reducta por A Ponte da Muria (Navia de Suarna).

- Brenthis daphne . Máis de 2 ex. O 22/06/2017 por A Golada (Pedrafita do Cebreiro).
Brenthis daphne por A Golada (Pedrafita do Cebreiro).

- Lycaena virgaureae. 2 ex. O 21/07/2017 en Riocereixa de Abaixo (Pedrafita do Cebreiro).
Lycaena virgaureae. 2 ex. O 21/07/2017 en Riocereixa de Abaixo (Pedrafita do Cebreiro).

- Kanetisa circe. 2 ex. o 06/09/2017 entre Carriz e Pilliceira (Navia de Suarna).
Kanetisa circe entre Carriz e Pilliceira (Navia de Suarna).

- Lampides boeticus. Tamén 2 ex. o 06/09/2017 entre Carriz e Pilliceira (Navia de Suarna).
Lampides boeticus entre Carriz e Pilliceira (Navia de Suarna).

No hay comentarios:

Publicar un comentario