Non quería que
acabara o ano sen actualizar este blog, por iso volvo a facer unha
entrada, esta vez cos cabaliños do demo e libeliñas que fun
recompilando e aínda non viron a luz. Pouca cousa por ahora pero non
o único que teño na recámara, pero que terán que esperar a capítulos vindeiros.
-
Lavacú azafrán
Sympetrum
flaveolum.
Nunha
visita realizada o
05/07/2016 ó
Pozo
do Lago Maior (Pedrafita
do Cebreiro)
fotografiei esta
femia inmadura. Noutra
visita o mesmo lugar o 14/09/2018 observei máis de 20 exemplares,
algúns en tándem. Tamén nese mesmo sitio e día vin voando varios
exemplares da
libeliña de outono
Aeshna
mixta.
Femia inmadura de
Sympetrum flaveolum no Pozo
do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
Tándem de
Sympetrum flaveolum no Pozo
do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
Aeshna mixta
no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do
Cebreiro).
- Cordulegaster
boltonii. O 25/07/2016 pola serra de Barreiro, preto de Asar
(Navia de Suarna) alomenos 2 exemplares voan nun regato ao longo da
pista. Tamén moi preto varios exemplares de Onychogomphus
uncatus.
Cordulegaster
boltonii na serra de Barreiro (Navia de Suarna).
Onychogomphus
uncatus na serra de Barreiro (Navia de Suarna).
-
Gaiteiriño dríade
Lestes
dryas.
Varios
exemplares o 22/06/2017
por
A
Golada (Pedrafita
do Cebreiro).
Lestes dryas
por A Golada (Pedrafita do Cebreiro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario