Unhas
cantas fotografías e/ou citas de réptiles na comarca de Ancares que
tiña pendente de publicar:
-
Lagarto das silvas Lacerta
schreiberi. 1 macho en época de celo mostra o seu
característico azulado na cabeza preto de Rao (Navia de Suarna) o 21
de abril de 2017.
Lagarto das silvas Lacerta
schreiberi por Rao (Navia de Suarna).
-
Lagarta galega Podarcis bocagei.
1 femia aínda activa o 11 de novembro de 2015 toma o sol na
beira do camiño de Deva a Brego (Cervantes).
Lagarta galega Podarcis bocagei no camiño de Deva a Brego (Cervantes).
-
Cobra de colar Natrix natrix
(agora disque Natrix
astreptophora). 1 exemplar de máis de 1 metro de lonxitude
atropelado na estrada por Souto (Navia de Suarna) o 21 de setembro de
2017.
-
Cobra lagarteira común Coronella austriaca. 1 pequeno exemplar cruza
unha pista na serra de Trabado (Navia de Suarna) o 25 de outubro de
2016.
Cobra lagarteira común Coronella austriaca na serra de Trabado (Navia de Suarna).
-
Cobra lagarteira meridional Coronella girondica. 1 exemplar adulto
atropelado na estrada o 29 de setembro de 2017 preto de San Román
(Cervantes).
Cobra lagarteira meridional Coronella girondica preto de San Román
(Cervantes.
-
Víbora de seoane Vipera seoanei. Varias citas desta especie na
comarca de Ancares: unha atropelada na estrada entre Pradela e Poso
(Cervantes) o 27 de abril de 2016, outra tamén atropelado nunha
pista preto de Coro (Navia de Suarna) o 8 de maio de 2017, unha
terceira víbora de seoane tamén atropelada nunha pista por Vilar
(Cervantes) o 5 de setembro de 2016 e por último outra, como non,
atropelada tamén o 4 de xuño de 2017 entre Vilar e As Pontes de
Xantes (Cervantes) coa peculariedade esta última de ser melánica
(víbora negra).
Víbora de seoane Vipera seoanei entre Pradela e Poso
(Cervantes).
Víbora de seoane Vipera seoanei preto de Coro (Navia de Suarna.
Víbora de seoane melánica Vipera seoanei entre Vilar e As Pontes de
Xantes (Cervantes).
No hay comentarios:
Publicar un comentario