viernes, 11 de noviembre de 2011

Máis odonatos da tempada

Seguimos tirando das citas estivais e agora tócalle aos odonatos, catro especies máis das que aínda non faláramos neste blog:

A primeira é Cordulegaster boltonii, un odonato de gran tamaño do que atopamos varios exemplares polo Rego de Valín (Baleira) o 04/08/11 e preto doutro regato por A Golpilleira (Baleira) o 30/08/11.

Cordulegaster boltonii preto de A Golpilleira (Baleira).

A segunda é Pyrrhosoma nymphula, observado 1 ex. macho nun regato preto do muíño da Pontelonga, Pousada (Baleira) o 19/08/11 e outros 2 ex. nun regato por Barcias (Baleira) o 30/08/11.

Pyrrhosoma nymphula macho preto do muiño da Pontelonga (Baleira).

A terceira é Boyeria irene, un odonato tamén de bo tamaño do que atopamos 4 ex. nos taludes da pista preto da casa da Dirección, A Fornaza (A Fonsagrada) o 30/08/11.

Boyeria irene (forma brachycerca) femia por A Fornaza (A Fonsagrada).

E por cuarta e última, Calopteryx virgo ssp. meridionalis, vistos 2 ex. nun regato por Barcias (Baleira) o 30/08/11.

Calopteryx virgo ssp. meridionalis femia preto de Barcias (Baleira).

4 comentarios:

  1. Muy interesante este blog, enorabuena.

    Puedes visitar el mio, http://umdiadecampo.blogspot.com/

    Saludos

    ResponderEliminar
  2. Unha pregunta, Germán. ¿Cómo se fai
    para meter os comentarios nunha ventá flotante, coma tes tí?

    Eu rebusquei por todos lados pero non encontrei como facelo..

    Graciñas.

    ResponderEliminar
  3. Ok Paulo. O teu blog tamén é moi enteresante. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Ola Xabi. Perdón pola tardanza, pero estaba de viaxe. A verdade é que non teño nin idea de como se fai iso. Sempre estivo así e nunca o modifiquei. Un saúdo.

    ResponderEliminar