martes, 27 de abril de 2010

Andoriñas dáuricas no val do Navia

Na xornada do 27/04/2010 baixamos ao encoro de Salime e xa no concello de Negueira de Muñiz observamos por primeira vez a 4 andoriñas dáuricas Hirundo daurica que formaban dúas parexas e que estaban moi atarefadas na contrucción dos seus curiosos niños baixo as vigas dunha ponte. É a primeira vez que vemos esta especie da que xa sabíamos da súa presencia polas citas históricas consultadas. Seguiremos con curiosidade a cría desta especie na comarca.
Andoriña dáurica Hirundo daurica por Negueira de Muñiz.

3 comentarios:

  1. Vaia pulso Germán. ¡Tremenda foto!.
    E non che digo nada a da arcea da páxina principal....
    Noraboa polo Blog. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Teño unha mellor dun tío vestido de cirurxián operando un "mojón con pelos", calquer día a poño no blog. Ja ja ja.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. tes fotos de miñide??

    ResponderEliminar