martes, 22 de enero de 2013

Unha osa con crías aséntase na Fonsagrada

Pois xa vedes, esta é a boa nova que hoxe puiden ler en El Correo Gallego. Teño que dicir que algo xa sabía, pero que faltando confirmación oficial ou algunha voz autorizada que fixera eco desta nova non quería comentalo neste blog.
O caso é que, agora que o FAPAS o fai público, xa podemos dicir que varias persoas da zona tiveron a sorte de observar a esa osa con dúas crías antes do período invernal polas montañas da comarca da Fonsagrada. E o digo así de xenérico, na comarca da Fonsagrada, pois non me parece ético máis precisión xeográfica.
Disfrutemos pois desta importante nova esperando que coa entrada da primavera se confirme.

Vos deixo un par de enlaces: 

6 comentarios:

  1. Estupendas novas Germán. Outro valor mais que se suma ós que xa ten esa fermosa comarca da montaňa luguesa, tan descoňecida para moitos galegos. Acordeime de ti cando vin a nova na prensa. Imaxinaba que xa saberías algo...
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Esperemos á primavera para comprobar se podemos confirmar o asentamento. Seguro que habera observacións nesa época.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Moi boas novas. A ver se lles vai ben polas terras de Burón.
    Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar
  4. Bieeeennnn, boas novas que xa víñamos esperando fai tempo. Agora falta que se confirme e que algunha das crías sexa femia, a ver se por fin podemos dicir que temos osos Galegos.

    Parabéns ós compañeiros da zona.

    ResponderEliminar