Non quería deixar
que rematara o ano sen unha nova entrada que me permitira falar desta
época do ano.
Como xa se nota
chegou o inverno e na comarca da Fonsagrada xa caeu a primeira
nevarada que seguro que no será a última. As ladeiras e os vales
dos montes xa levan desde o outono tinxidos desas cores tan típicas
previas á caída das follas das árbores caducifolias (aínda que as
especies marcescentes se resisten a este feito) das que todavía se
conservan boas superficies por aquí.
Un bo exemplo
disto é a fraga da Marronda, na que a presenza das faias Fagus
sylvatica sumada á das árbores autóctonas comúns tamén
presentes, achegan a este espazo e nesta época do ano unhas cores
difícil de observar noutros lugares de Galicia.
O val da fraga da
Marronda en novembro.
Unha ladeira da
fraga da Marronda en novembro.
Un paseo polo
interior da Marronda permite ver máis de cerca esta cromática
estacional da flora reflexoe do avance da estación do ano na que nos
atopamos. E no fondo do val unha seimeira (si, unha seimeira, o nome
que reciben as fervenzas por estas terras) que como corresponde á
época vai con máis auga e polo tanto luce moito mellor.
Interior da fraga
da Marronda baixo o faial.
Seimeira da
Marronda.
Non deixa de ser o
inverno unha época do ano na que acostuman chegar visitas
ornitolóxicas que xa co pasa dos anos se convirten en habituais. Así
é como observamos novos individuos recen chegados de pimpíns do norte Fringilla montifringilla, picanzos reais
Lanius meridionalis, esmerillóns Falco columbarius e
gatafornelas Circus cyaneus que fan os paseos invernais
realmente entretidos.
Macho adulto de
gatafornela Circus cyaneus.
Picanzo real
Lanius meridionalis.
En definitiva, se
as condición climatolóxicas o permiten e o frío non vos da medo,
esta época do ano é do máis interesante para visitar e disfrutar
desta comarca e aproveitar para tomar un bo cocido de paso que disfrutades da natureza en todo o seu esplendor na súa dinámica estacional.
Ben por esa seimeira! Fai moita falla o traballo de recuperación de etimos galegos, moita falla.
ResponderEliminarA Fraga da Marronda pra meter na axenda e darlle un ollo calquera día.
Saúdos.
Calquer época do ano é boa para visitar a fraga. Seguro que non te defraudará.
ResponderEliminarUn saúdo
Fermosa entrada, e fermoso lugar. Cada vez que vou a Ribadeo, paso por aí (atallo dende a A6 polo Cádavo e Meira). E si hai luz, poucas veces me resisto a parar na Muiña a disfrutar un bocadiño da panorámica. Un privilexio vivir nunha comarca tan fermosa coma esa dos montes da Fonsagrada.
ResponderEliminarSaúdos.
Poi se te desvías por A Braña (un pouco antes) subes e te metes na pista forestal que recorre o centro da fraga, logo volves a saír por A Muiña. Un pequeno desvío que agradeceras.
ResponderEliminarUn saúdo.
Pois graciñas pola suxerencia. Probarei un día que vaia con tempo. Saúdos.
ResponderEliminarOk, Enrique, un saúdo.
ResponderEliminarOla meu!
ResponderEliminarFermosa entrada.
Por certo, atopei de casualidade isto na hemeroteca de La Voz de Galicia, fala dun ibis sagrado (Threskiornis aethiopicus) na Fonsagrada:
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/06/26/633318.shtml?idioma=galego
Curioso...
Apertas,
Damián
Curioso, non coñecía esta noticia.
ResponderEliminarPolo que dice o link que me envías foi no río Rato, é dicir, no concello de Lugo.
Un saúdo.