Por diversas razóns que non veñen a conto xa levaba un tempo sen dar sinais de actividade por este lugar, e xa iba sendo hora de facelo.
Por iso que un sempre espera a ter algo novo que contar e non limitarse a falar de especies repetidas, estes calores de mediados de xullo déronme a oportunidade de facer unha observación que serve de excusa para redactar esta entrada.
A observación realizada é a dun fermoso macho da bolboreta Apatura ilia. Cos seus reflexos azuis-violáceos enseguida me chamou a atención a presenza deste especie de aparición limitada na beira do río de Lamas (A Fonsagrada).
Apatura ilia no río de Lamas (A Fonsagrada).
Apatura ilia no río de Lamas (A Fonsagrada) con algúns reflexos azuis-violáceos.
E claro que unha cousa leva a outra, esta bolboreta fíxome recordar outras dúas observacións do verán pasado, dúas especies que se consideran bolboretas nocturnas pero que se poden observar de día.
Por un lado Macroglossum stellarum, unha bolboreta de hábitos diurnos que aínda que é unha esfinxe, é sinxela de recoñecer polo seu voo rápido e a súa costume de ir chuchando o néctar de flor en flor. Observamos varios exemplares por Naraxa e Arexo (A Fonsagrada) o 16 de xuño e o 27 de xullo do 2011.
Por outro lado Euplagia quadripunctaria. Outro vistoso lepidóptero que se pode ver de día. Observada en varios lugares da comarca como o 16 de xuño por Vilar de Cuiña (A Fonsagrada).
Macroglossum stellarum por Arexo (a Fonsagrada).
Euplagia quadripunctaria por Vilar de Cuiña (A Fonsagrada).
E de momento me quedo aquí, coas bolboretas, e ata outra pronta volta.
Parabéns por esas fotografías da A. ilia,Germán. Hai poucos días vina, e fotografeina de lonxe, en Esperante - O Courel.
ResponderEliminarSaúdos
Xisbe
Pois parabéns tamén para ti pola túa observación, para min foi a primeira desta especie.
ResponderEliminarUn saúdo e grazas polo comentario.