Incorporamos a este blog unha preciosa planta chamada dente de can Erythronium dens-canis. Esta especie florece en marzo-maio nos bosques aclarados e prados da comarca a altitudes normalmente maiores de 400 m. e a súa floración é especialmente vistosa a pesar de non superar os 10-30 cm. de altura. As follas tamén resultan moi vistosas ao estar manchadas de liñas vermellas. O seu nome común fai referencia á forma do seu bulbo, que se parece a un canino. Estas fotografías corresponden a unha poboación de menos de 20 exemplares atopados en floración nestas datas moi preto do lugar de Seoane, na parroquia de Lamas de Moreira (A Fonsagrada).
Parabens polo coidado blog que estás a facer. As fotos son excelentes.
ResponderEliminarEstarei de cotío ao outro lado da pantalla.
Saúdos
Grazas, Marcos, o mesmo digo para o teu blos.
ResponderEliminarUn saúdo