O sapiño comadrón Alytes
obstetricans é unha especie que todavía non tiven ocasión de
observar na comarca, se ven as últimas citas que teño son do 2009,
o estado actual desta especié é para min un misterio. Quedámonos
entón con esta fotografía daquelas datas preto de Naraxa (A
Fonsagrada).
Outro caso ben distinto é o do sapo
corriqueiro Epidalea (Bufo) calamita, este mesmo ano observei
postas de esta especie, e outras citas máis pola comarca.
Tamén seguimos observando as postas e
adultos de ra vermella Rana temporaria nos lugares de costume o que
nos permiten facerlle unhas boas fotografías a esta especie.
E ademáis, xa para rematar, seguen observandose
exemplares de serpes riscadas Rhinechis scalaris en lugares
habituais como é a zona da Virxe da Veiga (Negueira de Muñíz). A
pena é que sempre se observan atropeladas na estrada, como a serpe
da seguinte fotografía, aínda que non se note moito. Esta claro que
así non escapan da cámara.
4 comentarios:
¿QUEEEEÉ? ¿Epidalea?, ¿Rhinechis?, joer que bien lo pasan los taxónomos con las nuevas técnicas moleculares.
¡tenemos que volver a estudiar amigo mío!.
JA JA JA JA!!!!
Pois non o fagas moi a conciencia, que mañá igual cambian outra vez. JAJAJA.
Un saúdo.
Boas, Rhinichis si, o de Epidalea ainda esta por ver, pero tranquilos que hai 3-4 cousas que habera que mudar este ano, por desgracia..
Vendo a foto do Alytes non me estrana que se deran citas de Pelodytes pola zona.
Saudos,
Cesar
Ola César, grazas polo comentario. Creo que a esto dos cambios taxonómicos xa estamos acostumados, non é moita novedade.
Un saúdo.
Publicar un comentario