domingo, 5 de junio de 2011

Seguen chegando as aves estivais

Coa primavera ben entrada e o verán asomando á volta da esquina podemos observar como as aves estivais que visitan a comarca da Fonsagrada seguen chegando. Aínda que botamos en falta algún aguia cobreira Circaetus gallicus máis a estas alturas do ano, si puidemos ver que as observacións de voitres Gyps fulvus están empezando a repetirse, como os mínimo 11 exemplares que observamos o 28/05/2011 por Pedras Apañadas e logo polo Alto do Cerredo.
Voitre Gyps fulvus polo Alto de Cerredo (A Fonsagrada).
Tamén observamos xa desde fai tempo as rulas Streptopelia turtur, como os 2 exemplares observados por Lamas de Moreira o 29/05/2011. Esta especie estival parece que cada ano nos visita en menor número. O caso oposto é a rula turca Streptopelia decaocto, da que cada vez é máis usual facer observacións na comarca.

Rula Streptopelia turtur por Lamas de Moreira (A Fonsagrada).

A papuxa do mato Sylvia undata tamén está xa en plena crianza, como as 2 parexas observada na fraga da Marronda (Baleira) o 15/05/2011.

Papuxa do mato Sylvia undata polo fraga da Marronda (Baleira).
Ademais as andoriñas Hirundo rustica xa colonizaron as cortes da comarca e as andoriñas dauricas Hirundo daurica fan os seus niños baixo as súas pontes preferidas polo encoro do río Navia. Aínda que non son amigo de sacar fotos de niños, entederedes que neste caso, desde a porta da corte, non creo que molestara máis que as vacas ou os seus gandeiros diariamente.

Niño de andoriñas Hirundo rustica pola Fonsagrada.
.
Outras observacións, xa de aves residentes, como o peto verde Picus viridus observado por Redrollán (A Fonsagrada) o 20/05/2011.

Peto verde Picus viridis por Redrollán (A Fonsagrada).

4 comentarios:

HADEX dijo...

Ola! Tes un blog absolutamente fantástico!! Quería dicir que o meu home e máis eu vimos os voitres en Masoucos, ao pé da Vaqueriza hai un mes máis ou menos....

Germán Torres dijo...

Moitas grazas. Pode ser xa que acostuman a fecer incursións estivais por terras galegas.
Un saúdo.

Antón Vázquez dijo...

Felicítote por tan bon blog, pero teño que dicir que nesta entrada non deberías falar do picus víridis, pois non e unha ave estival. De todas formas gracias polo blog e gustaríame que viras o meu: avesengalicia.blogspot.com

Germán Torres dijo...

Ola Antón, por iso antes do peto escribo "Outras observacións, xa de aves residentes, como o peto verde Picus viridus".
Un saúdo