Comeza a tempada de pesca fluvial na comarca, e a especie que todo o mundo busca é a troita común
Salmo trutta fario, a raíña dos ríos nesta esquina do mundo en ausencia de reos e salmóns. Eso si, non falta no encoro de Salime dúas especies introducidas: as bogas de río
Chondrostoma polylepis e sobre todo os piscardos
Phoxinus phoxinus. Como curiosidade da especie amosamos dúas troitas comúns de dous hábitats diferentes para que podades observar as súas evidentes diferencias físicas. A primeira é unha troita común do Couto de pesca da Fonsagrada e polo tanto dun tramo de río de augas frías, transparentes, rápidas e moi osixenadas. A segunda é unha troita común do encoro de Salime e polo tanto de augas encoradas, paradas, turbias e menos osixenadas. Para rematar o vencedor moral da primeira xornada de pesca, o Paco da Fonsagrada, o seu sorriso o di todo.
Troita común Salmo trutta fario do Couto de pesca da Fonsagrada.
Troita común Salmo trutta fario do encoro de Salime.
O Paco da Fonsagrada cos seus trofeos.
3 comentarios:
O meu animo para que sigas con este blog adiante e nos ensines moitas cousas desta comarca tan fermosa.
En San Pedro de Neiro-Riotorto(onde paso moitos fins de semana)tamen teño visto a garduña.
Grazas, Martin, tentaremos seguir amosando moitas cousas.
Boas,eu como o de arriba tamén ando por san pedro de Neiro.Eu son mas aficionado a herpentoloxía mais tamén me interesan as especies piscícolas.Adiante co blog¡
Un saúdo
David Outeiro
Publicar un comentario