Na miña primeira visita a este lugar atopo unha colonia de anduriñas dos penedos Ptyonoprogne rupestris nuns penedos na parte alta dun cantil rochoso.
Anduriñas dos penedos Ptyonoprogne rupestris nunha foto de archivo na mariña lucense.
Xa no río o primeiro merlo rieiro Cinclus cinclus que vemos na comarca.
Merlo rieiro Cinclus cinclus no río Eo na área recreativa da Cortevella (Baleira).
Pola beira do río, nunha zona que estivo temporalmente enchoupada pola crecida do río, atopamos un bo número de herbas das almorrás Ranunculus ficaria en flor que, como o seu nome común indica, ten propiedades medicinais que espero que ningún lector deste blog necesite.
Xa para rematar e entrando na Fonsagrada, un macho de cardeal Pyrrhula pyrrhula que, igual que a femia de onte, enchía o peteiro de gromos de árbores froiteiras.
3 comentarios:
Ola Germán!
Veño de descubrir o teu blog, e alégrome ademais de que sexa da Fonsagrada, un área tan atractiva como descoñecida para o naturalismo galego.
Parabéns, en definitiva.
Atentamente,
Damián
Moitas grazas
Para min é unha das marabillas q nos ofrece a nosa paradisíaca, e pouco valorada,terra.
Publicar un comentario